15 de marzo de 2018

III TORNEO LASERTAG

A terceira edición do Torneo Universitario de Lasertag terá lugar o domingo 18 de marzo de 2018 nas instalacións de Coruña Láser Combat, empresa responsable do evento, centro de simulación táctica indoor.

As instalacións teñen 1700 metros cadrados cun escenario para poder recrear multitude de situacións de combate.

18 de marzo
20,00 - 22,00 horas
Coruña Laser Combat
Torres Quevedo 8
15008 A Coruña

Máximo número de inscritos: 24

Os equipos de 8 persoas disputarán 4 roldas de 10 minutos.

Cota por participante: 12 euros

Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo e os universitarios da Universidade da
Coruña pasarán a ser socios de Hercle.

Inscribete premendo aqui

Séguenos no Facebook

15 de xaneiro de 2018

I Torneo de Airsoft Universitario

Como entrada á segunda metade do curso, decidimos poñernos máns á obra.
Este torneo realizaráse nas instalacións da Asociación ACU airsoft Laracha.
Organizaránse partidas con misións determinadas para gañar puntos, clasificarse para a gran final e levarse o trofeo para casa. Todos os participantes terán un pequeno premio de consolación como recordo do evento.

No cartel que acompaña esta nova tedes a información básica desta actividade e as cotas.

O torneo estará regramentado polas normas de ACU airsoft Laracha, basándose na maioría de normas da Federación Española de Airsoft. Dita asociación ten dispoñible un servizo de aluguer de material completo para aqueles que non o teñan.

Está permitido levar réplica propia e equipo. Faráse un control das mesmas cun cronógrafo.
No caso de ter a mesma equipación poñeránse a disposición dos xogadores varias formas de diferenciación.

As partidas terán árbitro propio. Calquer queixa faráse únicamente aos árbitros. Non se tolerarán faltas de respeto nin trampas, ocasionando a violación destas normas a expulsión directa sen devolución da cota.

Ao longo da seguinte semana facilitaráse unha conta bancaria onde ingresar a cuota de inscrición.
As distintas misións faránse públicas a semana anterior ao evento.

As coordenadas do campo de xogo son: https://goo.gl/maps/2opYACQLYEH2

Podedes consultar calqueira dúbida en: airsoftacularacha@gmail.com

Para inscribirte PREME

14 de xaneiro de 2018

Torneo de Paintball

O domingo 28, rematados os exames e tal como fixemos o pasado ano celebraremos o II Torneo de Paintball.

28 de xaneiro de 2018
16,00 horas

Nas instalacións de APZ Paintball na Zapateira, quen organiza o evento.

Cota: De novo logramos unha boa cota para os nosos membros.

16 euros para os alumnos e membros da UDC
17 euros para os non membros da UDC

E se colaboras con nos, na organización de actividades como esta, ainda teremos un pequeno desconto para ti nas nosas actividades.

Temos un trofeo para que posen os vencedores na foto oficial e un pequeno recordo para todos os que pasedes polos xogos tácticos deste curso, así como o agasallo sempre dun pequeno libro.

Se xa estás nimado... pasa a inscribirte AQUI.

26 de decembro de 2017

AIRSOFT e CLASH ROYALE

Para pechar o ano 2017 temos dúas actividades:

Mércores 27 de Nadal. Ás 17,30 no CUR; Torneo de Clash Royale.

Sábado 30 de Nadal. Ás 10,00 nas instalacións de Gacal; Xornada de Airsoft.

A información nos carteis que ilustran esta nova ou ben no noso correo asociacion@hercle.org

Como en ambas probas hai límite de participantes terán preferencia os membros da Comunidade Universitaria.

Para anotarse hai que facelo no seguinte formulario: PREME








14 de novembro de 2017

FEIRA DE ASOCIACIONS

ENQUISA DA FEIRA DE ASOCIACIONS DE 2017

En anos pasados organizamos actividades de BEISBOL, JUGGER, PAINTBALL, LASERTAG, ESCAPE ROOM, AIRSOFT, QUIDDITCH, LACROSE, FUTBOLIN

Estás interesado nalgunha destas actividades? Preme na resposta.

SI

NON

8 de novembro de 2017

Video de Lasertag

Publicamos un pequeno video da actividade do Lasertag.

O vindeiro martes é a feira de asociacións da UDC. Os que colaboren co seu desenvolvemento no stand de Hercle terán unha partida especial de airsoft antes de que remate o 2017.


11 de outubro de 2017

Actividade cos Erasmus e novos estudantes


O sábado 14 imos a realizar a nosa visita anual por parte da cidade vella coruñesa para explicar Coruña aos estudantes novos da UDC e aos erasmus.

Ademais aproveitaremos a actividade para explicar as nosas actividades anuais e animar a participar e colaborar.

Se es de fora da Coruña e queres coñecernos aproveita esta actividade!