29 de novembro de 2013

CONCURSO DE RELATOS BREVES SOBRE FUTBOL

O nome do concurso está collido dunha serie de artigos sobre o fútbol do escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez.

BASES DO CONCURSO DE RELATOS BREVES SOBRE FÚTBOL

1.- Poderán participar todos os autores que o desexen con microrrelatos en galego con un máximo de tres traballos inéditos por participante.

2.- O FUTBOL deberá estar presente en todos os relatos da presente convocatoria.

3.- Os microrrelatos terán unha extensión de ata 500 palabras, sen incluír o título. As obras virán redactadas en formato txt, odt, word, rtf ou pdf.

4.- Estes documentos enviaranse por correo electrónico a: actividades@deporcultura.com  en ficheiro adxunto. No corpo da mensaxe deben aparecer os seguintes datos: nome do autor, título do relato e un currículo moi breve, que inclúa a forma máis rápida de contacto.

5.- O prazo de admisión comezará o 15 de novembro e finalizará o 15 de decembro.

6.- O xurado será proposto polas entidades colaboradoras, actuando de secretario o presidente da Asociación convocante.

7.- O xurado dará a coñecer o seu veredicto o día 30 de decembro. O fallo será inapelable e publicitarase seguidamente a través das web oficiais, así como ao correo desde o que se remitiu o relato.

8.- As obras presentadas quedarán en poder dos convocantes, que se reservan o dereito da súa publicación, exposición e difusión, a través do seu sitio web ou doutros colaboradores citando sempre os datos do autor.

9.- Establécense dúas categorías.
a. Categoría absoluta.
b. Categoría xuvenil. Para os que non cumpriran 18 anos en 2013.

10.- Os mellores relatos serán publicados. Os seus autores recibirán exemplares do libro publicado e material promocional das entidades colaboradoras.

11.- A presentación a este concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos pola organización.

ORGANIZA: ASENCUDEGA

PATROCINA: Deputación da Coruña

COLABORAN: 
Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Deporcultura
Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra
Club Deportivo Auténtico
Asociación Hercle