7 de novembro de 2014

Hercle na Feira de Asociacións

A Asociación Hercle participou por primeira vez na Feira de Asociacións da Universidade da Coruña.

A pesar de que dende o principio da actividade hai 25 anos Hercle apostou claramente pola actividade universitaria, non foi ata este ano que os Estatutos recolleron este especial vencello entre Hercle e a Universidade.

De feito a mesa das actividades tiña como parte central unha camisola do equipo de béisbol da Universidade de 1991.

O béisbol e o jugger foron os xogos promocionados polos membros de Hercle que acudiron á feira. Asistiron á mesma o vicepresidente, o secretario e o tesoureiro da entidade.

Grazas ao proxector o stand da Asociación foi dos mais comentados da Feira.