30 de xuño de 2015

CORVOS GAÑA O I TORNEO HERCLE DE JUGGER

O pasado sábado tivo lugar a  primeira edición do Torneo de Jugger Hercle-Palaestra.

Organizaban a proba tres asociacións; a Asociación Coruñesa de Jugger, a Asociación Universitaria Hercle e a SCD Palaestra.

Fotografías de Carol Pardo
A competición desta nova modalidade deportiva, que mestura aspectos de xogos de pelota con elementos de loita, e que empezou a difundirse en Galicia hai pouco máis de cinco anos, reuniu ao redor de 100 xogadores e 9 equipos provenientes de toda a xeografía galega.

Nun principio o torneo ía desenvolverse no Estadio Universitario de Elviña, pero finalmente o Area de Deportes da Universidade negou o uso do seu infrautilizado estadio, por razóns que aínda descoñécense, polo que houbo que recorrer ao plan alternativo grazas á colaboración do Sevicio Municipal de Deportes e da dirección da Cidade Deportiva da Torre, onde finalmente desenvolveuse o evento.

Os equipos desprazados competiron desde as 10,00 da mañá até case ás 20,00 da tarde nas diferentes fases do torneo que acabou coa vitoria do conxunto coruñés Corvos.

Nos vindeiros días tentaremos facer unha selección de fotos deste exitosa proba.

26 de xuño de 2015

I TORNEO DE JUGGER HERCLE- PALAESTRA

Palaestra e Hercle organizan, grazas á Asociación Coruñesa de Jugger o I Torneo de Jugger, que será unha xornada de difusión desta modalidade.

Aproximadamente un centenar de participantes asistirán a esta primeira edición que terá lugar na Cidade Deportiva da Torre na Coruña. (Unha vez mais a Area de Deportes da Universidade non foi capaz de darlle uso as súas infrautilizadas instalacións).

A proba empezará ás 10,00 e rematará en torno ás 20,00 horas, coa entrega de premios.

Sorteo dos grupos á cargo a Asociación Coruñesa de Jugger preme aqui.

21 de xuño de 2015

Memorial Marco Rodríguez Corbelle

O béisbol foi o primeiro deporte da Universidade hai 25 anos
As asociacións Palaestra e Hercle uníronse para organizar un mercido homenaxe a Marco Rodríguez Corbelle (1977-2011) xogador de béisbol de diferentes equipos.

A xornada consistiu nun pequeno partido entre os Druídas BC, único club coruñés na actualidade con actividade federada e que acaba de proclamarse campión do seu grupo en Liga Nacional e unha selección de xogadores que compartiron equipo con Marco en Panteras (o equipo da Asociación Palaestra), Universidade e Tiburones (equipos estes promovidos por Hercle no seu momento).

As camisetas foron protagonistas do acto, tanto pola variedade das que luciron os excompañeros de Marco, como pola recuperación dos almacéns de Palaestra da camiseta que o propio Marco utilizou no Campionato de España de 1993. Os presentes asinaron a camiseta que foi entregada aos irmáns do homenaxeado que ao final do acto remitiron unha foto co fillo de Marco coa camiseta que utilizou o seu pai aos dieciseis anos.

Aproveitando este acto as dúas entidades consolidaron a súa idea de colaborar en volver facer crecer o béisbol coruñés. A outra entidade implicada, o Druídas BC, estudará nos próximos días sumarse a este proxecto. En calquera caso o presidente actual da entidade, Juan Manuel Losada, xa indicou que a súa disposición persoal era a de sumarse á iniciativa.

O memorial Marco Rodríguez será organizado cada ano, cunha actividade lúdica de promoción deste deporte.

Aínda que o resultado do partido era o de menos o resultado final foi unha axustada vitoria dos veteranos compañeiros de Marco.



20 de xuño de 2015

Variación no Memorial Marco Rodríguez


A Universidade segue coa súa errática política deportiva, polo que o torneo de beisbol cambia de sitio de xogo e será no Campo de Béisbol de Acea de Ama e non no Estadio Universitario de Elviña que parece de dificil acceso aos universitarios.

I MEMORIAL MARCO RODRIGUEZ

Sábado 20 de xuño

11,00

Acea de Ama

17 de xuño de 2015

Memorial Marco Rodríguez

As asociacións Palaestra e Hercle organizan en colaboración con Druidas e a Universidade da Coruña o I Memorial Marco Rodríguez.

Marco Rodríguez Corbelle foi xogador de Panteras e de Tiburones-Universidade.

Será ás 11,00 horas o vindeiro sábado día 20, no Estadio Universitario de Elviña.

12 de xuño de 2015

De novo o Béisbol na Universidade

Hai vintecinco anos, cando empezou a funcionar a Universidade da Coruña, o béisbol foi un dos primeiros deportes en organizarse. Da nosa entidade nacería mais tarde o Tiburones, o mellor club coruñés de béisbol.

Para as actividades desta semana pedimos a axuda do Druidas Béisbol Club e da Asociación Palaestra.

Se es universitario e te parece atractivo o béisbol ou o jugger temos o venres 12 unha xornada de béisbol de 18,00 a 19,30 e teremos uns torneos nas vindeiras semanas.

Permanece atento!

10 de xuño de 2015

Jugger e Béisbol na Universidade

O martes empezamos coas xornadas de JUGGER e mañán xoves día 11 temos unha tarde ocupada con JUGGER e BEISBOL.

Anímate a participar!








7 de xuño de 2015

Xornadas de iniciación ao jugger na Universidade


A Asociación Hercle coa Asociación Coruñesa de Jugger organiza unhas xornadas de difusión do jugger esta semana.

Dirixida a Universitarios terán lugar o martes e xoves no Estadio de Elviña.

Mira as imaxes para completar información e se non sabes que é o jugger bóta unha ollada a algun video en youtube.

4 de xuño de 2015

Xornadas de Béisbol na UDC


A Asociación Hercle coa axuda da Vicerreitoría de estudantes da UDC e da Deputación organizan a próxima semana dúas xornadas de achegamento ao béisbol no Estadio de Elviña.

A actividade está dirixida a estudantes universitarios.

Os instructores da actividade serán exalumnos da UDC que xogan en Liga Nacional.

Datas: 11 e 12 de xuño

Mais información nas imaxes que se achegan.