30 de xuño de 2015

CORVOS GAÑA O I TORNEO HERCLE DE JUGGER

O pasado sábado tivo lugar a  primeira edición do Torneo de Jugger Hercle-Palaestra.

Organizaban a proba tres asociacións; a Asociación Coruñesa de Jugger, a Asociación Universitaria Hercle e a SCD Palaestra.

Fotografías de Carol Pardo
A competición desta nova modalidade deportiva, que mestura aspectos de xogos de pelota con elementos de loita, e que empezou a difundirse en Galicia hai pouco máis de cinco anos, reuniu ao redor de 100 xogadores e 9 equipos provenientes de toda a xeografía galega.

Nun principio o torneo ía desenvolverse no Estadio Universitario de Elviña, pero finalmente o Area de Deportes da Universidade negou o uso do seu infrautilizado estadio, por razóns que aínda descoñécense, polo que houbo que recorrer ao plan alternativo grazas á colaboración do Sevicio Municipal de Deportes e da dirección da Cidade Deportiva da Torre, onde finalmente desenvolveuse o evento.

Os equipos desprazados competiron desde as 10,00 da mañá até case ás 20,00 da tarde nas diferentes fases do torneo que acabou coa vitoria do conxunto coruñés Corvos.

Nos vindeiros días tentaremos facer unha selección de fotos deste exitosa proba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario