21 de xuño de 2015

Memorial Marco Rodríguez Corbelle

O béisbol foi o primeiro deporte da Universidade hai 25 anos
As asociacións Palaestra e Hercle uníronse para organizar un mercido homenaxe a Marco Rodríguez Corbelle (1977-2011) xogador de béisbol de diferentes equipos.

A xornada consistiu nun pequeno partido entre os Druídas BC, único club coruñés na actualidade con actividade federada e que acaba de proclamarse campión do seu grupo en Liga Nacional e unha selección de xogadores que compartiron equipo con Marco en Panteras (o equipo da Asociación Palaestra), Universidade e Tiburones (equipos estes promovidos por Hercle no seu momento).

As camisetas foron protagonistas do acto, tanto pola variedade das que luciron os excompañeros de Marco, como pola recuperación dos almacéns de Palaestra da camiseta que o propio Marco utilizou no Campionato de España de 1993. Os presentes asinaron a camiseta que foi entregada aos irmáns do homenaxeado que ao final do acto remitiron unha foto co fillo de Marco coa camiseta que utilizou o seu pai aos dieciseis anos.

Aproveitando este acto as dúas entidades consolidaron a súa idea de colaborar en volver facer crecer o béisbol coruñés. A outra entidade implicada, o Druídas BC, estudará nos próximos días sumarse a este proxecto. En calquera caso o presidente actual da entidade, Juan Manuel Losada, xa indicou que a súa disposición persoal era a de sumarse á iniciativa.

O memorial Marco Rodríguez será organizado cada ano, cunha actividade lúdica de promoción deste deporte.

Aínda que o resultado do partido era o de menos o resultado final foi unha axustada vitoria dos veteranos compañeiros de Marco.



Ningún comentario:

Publicar un comentario