11 de xullo de 2017

Xornada de Airsoft

O curso remata e nos facémolo coa derradeira actividade do curso.

XORNADA DE AIRSOFT

Organiza: GACAL.

Lugar: Instalacións de GACAL na Laracha.

Data: 16 de xullo de 2017

Hora: 16,30

Participantes: Mínimo 10

Cota: 20 € (15 € para os que teñan o carnet da UDC)


Para axilizar as cousas coa empresa organizadora necesitamos que a xente vaiase inscribindo o mais axiña posible.

Crearemos un grupo de whatsapp para solventar dúbidas. 

Para calquera cousa: asociacion@hercle.org

6 de xullo de 2017

Video tolo do paintball

Non hai moitas imáxes que paguen a pena pero como recordo do paintball do primeiro semestre do ano.

4 de xullo de 2017

Entrega dos premios do escapismo

Por fin xuntamos a maioría do grupo gañador do escapismo de febreiro para darlles os polos de campións e falar de posibles actividades.

Agardamos repetir a experiencia o próximo curso.

2 de xuño de 2017

A DIVERTIRSE EN XUÑO

Xa que ramatou a tanda de exames dende Hercle, queremos animaros a tres actividades nas próximas semanas, por primeira vez una delas no campus de Ferrol. Apuntádevos y contactaremos con vos para concretar todos os aspectos o escribídenos a asociacion@hercle.org

II Liga de PaintBall, realizada pola empresa APZ Paintball na Zapateira.

11 de xuño
19,00 a 22,00 horas.
Instalacións de APZ Paintball
A Zapateira

Características; equipos de 8 persoas, por sorteo,
O tipo de torneo variará en función do número de inscritos.
Cota por participante: 16 euros por persoa (inclúe 200 bolas)

Xornada de Quidditch en Ferrol.

15 de xuño
18,00 a 20,00 horas.
Instalacións por determinar en Ferrol

Características; demostración práctica deste xogo.
De balde. Para membros da Comunidade Universitaria.

Xornada de Airsoft, realizada por GACAL en Laracha.

18 de xuño
16,30 a 20,30.
Campo de GACAL
Laracha

Características; equipos de 7 persoas, por sorteo,
Cota por participante: 20 euros por persoa (bolas infinitas)

APUNTATE!

Os participantes destas actividades que sexan estudantes da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle e os demais pasarán a ter a consideración de colaboradores.

16 de maio de 2017

Paintball

Como a maioría está con exames ou preparandoos a próxima sesión de Paintball seguramente será o segundo o terceiro fin de semana de xuño.
Mentras os deixamos no Facebook algunhas das fotos da xornada de abril.

3 de maio de 2017

Mus

Este ano (e se podemos este curso) imos tentar sacar adiante unha actividade de mus que se consolide.

O mes pasado xuntamos a uns cantos afeizoados e a idea é facer un equipo que compita na Liga coruñesa.

Se estás interesado dinos algo en

asociacion@hercle.org

25 de abril de 2017

Grazas a UDC

Vimos de coñcer que a Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria concedeunos unha axuda para as nosas actividades, polo que parece asegurado que este ano vai seguir co mesmo ritmo...

Grazas!

11 de abril de 2017

Liga de Paintball

Atendendo as peticións diversas da xente que ven participando nas nosas actividades imos convocar a I Liga de PaintBall, que será realizada pola empresa APZ Paintball na Zapateira.

23 de abril
16,30 horas en adiante.
Instalacións de APZ Paintball
A Zapateira

Características da Liga

Competirán equipos de 8 persoas.
Se estades a facer un equipo escollede un nome antes de empezar a inscribiros.
Se non tes equipo pero te gostaría participar, indicade na inscrición que non tedes equipo. Neste caso completaredes outros equipos ou ben faremos un equipo novo.

O tipo de torneo variará en función do número de equipos inscritos.
En principio contando que haxa un mínimo realizaríamos dúas xornadas... unha o 23 de abril e outra ao rematar o primeiro perido de exames a principios de xuño.

O equipo vencedor desta competición recibirá un trofeo conmemorativo.

Cota por participante: 16 euros por persoa (inclúe 200 bolas)
Todos os participantes recibirán un pequeno libro de agasallo.
Os participantes que sexan estudantes da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle e os demais pasarán a ter a consideración de colaboradores.

INSCRIBETE!

10 de abril de 2017

I Torneo de Mus

Atendendo as peticións no Torneo de LaserTag imos celebrar o I Torneo de Mus.

Se realmente ten éxito de participación pensaremos a opción de crear un equipo que compita na Liga Coruñesa.

Esta primeira edición do Torneo terá lugar o sábado 22 de abril de 2017 no Centro Universitario de Riazor.

22 de abril
17,00 horas en adiante.
Centro Universitario de Riazor
Almirante Lángara s.n.
15011 A Coruña

Os interesados poden anotarse ben por parellas ben individualmente (neste segundo caso realizaríamos un sorteo entre os interesados).

O tipo de torneo variará en función do número de parellas inscritas.

Os membros da parella gañadora recibirán un pequeno trofeo conmemorativo.
Segundo o número de inscritos poden estabrecerse mais premios que serían comentados aqui.

Cota por participante: 2 euros
Todos os participantes recibirán un pequeno libro de agasallo.
Os participantes que sexan estudantes da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle e os demais pasarán a ter a consideración de colaboradores.

INSCRIBETE!

9 de abril de 2017

Fotos do Torneo Lasertag

Por fin colocamos algunhas das fotos do II Torneo de Lasertag da UDC

Grazas a todos por participar.

Tendes mais fotos no Facebook da Asociación.






7 de marzo de 2017

Torneo de Lasertag

A segunda edición do Torneo Universitario de Lasertag terá lugar o sábado 25 de marzo de 2017 nas instalacións de Coruña Láser Combat, empresa responsable do evento, centro de simulación táctica indoor.

As instalacións teñen 1700 metros cadrados cun escenario para poder recrear multitude de situacións de combate.

25 de marzo
19,00 - 21,00 horas
Coruña Laser Combat
Torres Quevedo 8
15008 A Coruña

Máximo número de inscritos: 24
No caso de ser máis tentaremos ampliar a xornada.

Os equipos de 8 persoas disputarían 4 roldas de 10 minutos.

Os equipos se realizarán por sorteo dos inscritos, puidendo os organizadores distribuir nos diferentes equipos aqueles xogadores con mais experiencia para facer a proba mais entretida.

Cada un dos integrantes do equipo vencedor recibirá ao final da proba un polo da asociación.

Cota por participante: 12 euros
Todos os participantes recibirán un pequeno libro de agasallo da Asociación e os universitarios da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle.

Inscribite premendo aqui

Séguenos no Facebook

27 de febreiro de 2017

Xornada de Escapismo

Os asistentes parece que o pasaron ben... e agardamos na próxima fin de semana facer a entrega dos premios aos membros do equipo vencedor.









13 de febreiro de 2017

Xornada de escapismo

A Asociación Hercle convoca aos interesados a pasar a tarde do vindeiro domingo tratando de escapar dunha habitación a través dun xogo de pistas.

O xogo é por equipos.

Os interesados poden anotarse xa facendo equipo ou ben por libre para ser agrupados despois.

Xogarán todos os equipos o mesmo xogo facendo un ranking esegundo os os tempos que consigan.

Os equipos son dun máximo de seis persoas.

Tedes que ter en conta que ningunha persoa do equipo ten que ter xogado a The Rombo Code, pois non tería sentido que repetiran o xogo.

Día: 19 de febreiro de 2017
Horas posibles: 16,00 / 17,45 / 19,30 / 21,15

A cota de participación será de 60 euros por cada equipo (ata un máximo de 6 integrantes)

Todos os participantes recibirán un pequeno libro de agasallo da Asociación e os universitarios da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle.

Bótalle unha ollada a www.therombocode.es
C./ Galileo Galilei, 12
15008 A Coruña

Experimenta cos teus compañeiros unha experiencia única na que só traballando xuntos atoparedes a solución ao enigma e conseguiredes escapar da sala. Descubriredes que só en equipo chegaredes ao éxito.

A medida que os minutos van pasando, as virtudes de cada un irán xurdindo. Serás o lider? O creativo? Talvez o disciplinado? Quizá o conciliador?

Apuntate premendo aqui.

Xogo: O misterio de Don  Quixote

Todo o mundo coñece O Quixote, o que non é coñecido é que na súa primeira edición un capítulo foi extraviado. Por que desapareceu? Un dos nosos informadores proporcionounos a súa localización xusto antes de ser asasinado. Se queredes pertencer ao Código Rombo, tedes 60 minutos para resolver o misterio e escapar antes de ser descubertos.

24 de xaneiro de 2017

I TORNEO UNIVERSITARIO DE PAINTBALL

ACTUALIZADO 25/01/2017

O I Torneo Universitario de Paintball que tivemos preparado para o pasado mes de outubro será o último domingo de xaneiro.

Convocado pola nosa asociación e organizado pola empresa apz terá un custe de 16 euros incluindo 200 bolas.

Será no campo de A Zapateira o día 29 de xaneiro ás 16,00 horas.

Organizaremos dous equipos para unha partida intensa.

Terá que haber mínimo de 20 xogadores (xa os temos a 25/01/2017) e un máximo de 30 xa os temos! (se hai mais faremos unha lista de espera e marcaremos outras xornadas).

Para calquera dúbida tes o noso correo asociacion@hercle.org

E para anotarte cubre este formulario.

PREME