10 de abril de 2017

I Torneo de Mus

Atendendo as peticións no Torneo de LaserTag imos celebrar o I Torneo de Mus.

Se realmente ten éxito de participación pensaremos a opción de crear un equipo que compita na Liga Coruñesa.

Esta primeira edición do Torneo terá lugar o sábado 22 de abril de 2017 no Centro Universitario de Riazor.

22 de abril
17,00 horas en adiante.
Centro Universitario de Riazor
Almirante Lángara s.n.
15011 A Coruña

Os interesados poden anotarse ben por parellas ben individualmente (neste segundo caso realizaríamos un sorteo entre os interesados).

O tipo de torneo variará en función do número de parellas inscritas.

Os membros da parella gañadora recibirán un pequeno trofeo conmemorativo.
Segundo o número de inscritos poden estabrecerse mais premios que serían comentados aqui.

Cota por participante: 2 euros
Todos os participantes recibirán un pequeno libro de agasallo.
Os participantes que sexan estudantes da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle e os demais pasarán a ter a consideración de colaboradores.

INSCRIBETE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario