Liga de Paintball

Atendendo as peticións diversas da xente que ven participando nas nosas actividades imos convocar a I Liga de PaintBall, que será realizada pola empresa APZ Paintball na Zapateira.

23 de abril
16,30 horas en adiante.
Instalacións de APZ Paintball
A Zapateira

Características da Liga

Competirán equipos de 8 persoas.
Se estades a facer un equipo escollede un nome antes de empezar a inscribiros.
Se non tes equipo pero te gostaría participar, indicade na inscrición que non tedes equipo. Neste caso completaredes outros equipos ou ben faremos un equipo novo.

O tipo de torneo variará en función do número de equipos inscritos.
En principio contando que haxa un mínimo realizaríamos dúas xornadas... unha o 23 de abril e outra ao rematar o primeiro perido de exames a principios de xuño.

O equipo vencedor desta competición recibirá un trofeo conmemorativo.

Cota por participante: 16 euros por persoa (inclúe 200 bolas)
Todos os participantes recibirán un pequeno libro de agasallo.
Os participantes que sexan estudantes da Universidade da Coruña pasarán a ser socios de Hercle e os demais pasarán a ter a consideración de colaboradores.

INSCRIBETE!