4 de setembro de 2017

Curso de Béisbol 2017

Imos iniciar o curso 2017-2018 con varias actividades e a primeira é un curso de béisbol impartido polo noso ex-directivo e xogador do equipo que tivo a UDC hai varios anos Juan Antonio Suárez Doval, licenciado en Ciencias do Deporte e adestrador habilitado pola MLB.

CURSO DE BEISBOL

Organiza: Hercle e Galicia Blue Sox.

Lugar: Instalacións do INEF GALICIA.

Data: 16 de setembro de 2017

Hora: 10,00 a 14,00 e 16,00 a 20,00

Participantes: Mínimo 10

Cota: 15 € para os estudantes e traballadores da Universidade da Coruña. (20 € para os alleos á UDC).


Prazo para anotarse ata o VENRES 14 ÁS 20,00.

Crearemos un grupo de whatsapp para solventar dúbidas. 

Para calquera cousa: asociacion@hercle.org