15 de xaneiro de 2018

I Torneo de Airsoft Universitario

Como entrada á segunda metade do curso, decidimos poñernos máns á obra.
Este torneo realizaráse nas instalacións da Asociación ACU airsoft Laracha.
Organizaránse partidas con misións determinadas para gañar puntos, clasificarse para a gran final e levarse o trofeo para casa. Todos os participantes terán un pequeno premio de consolación como recordo do evento.

No cartel que acompaña esta nova tedes a información básica desta actividade e as cotas.

O torneo estará regramentado polas normas de ACU airsoft Laracha, basándose na maioría de normas da Federación Española de Airsoft. Dita asociación ten dispoñible un servizo de aluguer de material completo para aqueles que non o teñan.

Está permitido levar réplica propia e equipo. Faráse un control das mesmas cun cronógrafo.
No caso de ter a mesma equipación poñeránse a disposición dos xogadores varias formas de diferenciación.

As partidas terán árbitro propio. Calquer queixa faráse únicamente aos árbitros. Non se tolerarán faltas de respeto nin trampas, ocasionando a violación destas normas a expulsión directa sen devolución da cota.

Ao longo da seguinte semana facilitaráse unha conta bancaria onde ingresar a cuota de inscrición.
As distintas misións faránse públicas a semana anterior ao evento.

As coordenadas do campo de xogo son: https://goo.gl/maps/2opYACQLYEH2

Podedes consultar calqueira dúbida en: airsoftacularacha@gmail.com

Para inscribirte PREME

14 de xaneiro de 2018

Torneo de Paintball

O domingo 28, rematados os exames e tal como fixemos o pasado ano celebraremos o II Torneo de Paintball.

28 de xaneiro de 2018
16,00 horas

Nas instalacións de APZ Paintball na Zapateira, quen organiza o evento.

Cota: De novo logramos unha boa cota para os nosos membros.

16 euros para os alumnos e membros da UDC
17 euros para os non membros da UDC

E se colaboras con nos, na organización de actividades como esta, ainda teremos un pequeno desconto para ti nas nosas actividades.

Temos un trofeo para que posen os vencedores na foto oficial e un pequeno recordo para todos os que pasedes polos xogos tácticos deste curso, así como o agasallo sempre dun pequeno libro.

Se xa estás nimado... pasa a inscribirte AQUI.