11 de xullo de 2019

TORNEO UDC PAINTBALL

O domingo 28, xa con todos os exames rematados celebraremos o Torneo de Paintball.

Domingo 28 de xullo de 2019
18,15 horas

Nas instalacións de APZ Paintball na Zapateira, quen organiza o evento.

Cota: De novo logramos unha boa cota para os nosos membros.

16 euros para os alumnos e membros da UDC
17 euros para os non membros da UDC

A cota inclúe 200 bolas. A recarga adicional de 100 bolas serán 5 euros pagadas directamente a APZ.

Temos un trofeo para que posen os vencedores na foto oficial e un trofeo para unha proba de puntería.
Haberá ademais un pequeno recordo para todos.

Se xa estás animado... pasa a inscribirte AQUI.

31 de maio de 2019

BILLAR e LASERTAG

Neste mes de xuño proponemos dúas actividades dentro da nosa programación anual con apoio da Vicerreitoria.

Traemos unha nova actividade, o I Torneo Universitario de  Billar Pool, que será o vindeiro fin de semana do 8 e 9 de xuño nas instalacións de La Bola.
.
8 e 9 (final) de xuño
A partir das 16,00 horas.
La Bola
Sagrada Familia
15007 A Coruña

Mínimo numero inscritos: 8
Máximo número de inscritos: 32

A inscrición e gratuita, os xogadores pagarán só as partidas que disputen, en principio pagará a partida o que perda.

O Sábado 8 as 16,00 durante a presentación marcaremos as características definitivas do torneo que irán sendo adiantadas polo whatssap.

Premios:

Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados.
Os dous primeiros terán praza para o Campionato Galego e o primeiro recibirá un polo da AGP.

Ademais sortearemos 10 polos da Asociación entre os asistentes.

Inscribete premendo aqui
Séguenos no Facebook

Por outra banda e dado o éxito do Torneo de Lasertag, celebrado en abril, convocamos unha unha Xornada de Lasertag, que terá lugar o domingo 16 de xuño nas instalacións de Coruña Láser Combat, empresa responsable do evento, centro de simulación táctica indoor.

16 de xuño
19,00 - 21,00 horas
Coruña Laser Combat
Torres Quevedo 8
15008 A Coruña

Mínimo número inscritos: 16
Máximo número de inscritos: 24

Os equipos de 8 persoas disputarán 4 roldas de 10 minutos.

Cota por participante: 12 euros para os universitarios e 14 euros para os non universitarios.

Sortearemos 10 polos da Asociación entre os participantes.

Inscribete premendo aqui
Séguenos no Facebook

9 de abril de 2019

IV TORNEO DE LASERTAG

A cuarta edición do Torneo Universitario de Lasertag terá lugar o sábado 13 de abril nas instalacións de Coruña Láser Combat, empresa responsable do evento, centro de simulación táctica indoor.

As instalacións teñen 1700 metros cadrados cun escenario para poder recrear multitude de situacións de combate.

13 de abril
19,00 - 21,00 horas
Coruña Laser Combat
Torres Quevedo 8
15008 A Coruña

Máximo número de inscritos: 24

Os equipos de 8 persoas disputarán 4 roldas de 10 minutos.

Cota por participante: 12 euros para os universitarios e 14 euros para os non universitarios.

Todos os participantes recibirán unha medalla de recordo e os universitarios da Universidade da
Coruña pasarán a ser socios de Hercle.

Queres unha camisola de camuflaxe?

Como esta PREME de Decathlon co noso logotipo por so 5 euros. a maiores da cota de participación.

Inscribete premendo aqui

Séguenos no Facebook

22 de xaneiro de 2019

III TORNEO DE PAINTBALL

O domingo 27, rematados os exames e tal como fixemos os dous pasados anos celebraremos o Torneo de Paintball.

Domingo 27 de xaneiro de 2019
16,00 horas