31 de maio de 2019

BILLAR e LASERTAG

Neste mes de xuño proponemos dúas actividades dentro da nosa programación anual con apoio da Vicerreitoria.

Traemos unha nova actividade, o I Torneo Universitario de  Billar Pool, que será o vindeiro fin de semana do 8 e 9 de xuño nas instalacións de La Bola.
.
8 e 9 (final) de xuño
A partir das 16,00 horas.
La Bola
Sagrada Familia
15007 A Coruña

Mínimo numero inscritos: 8
Máximo número de inscritos: 32

A inscrición e gratuita, os xogadores pagarán só as partidas que disputen, en principio pagará a partida o que perda.

O Sábado 8 as 16,00 durante a presentación marcaremos as características definitivas do torneo que irán sendo adiantadas polo whatssap.

Premios:

Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados.
Os dous primeiros terán praza para o Campionato Galego e o primeiro recibirá un polo da AGP.

Ademais sortearemos 10 polos da Asociación entre os asistentes.

Inscribete premendo aqui
Séguenos no Facebook

Por outra banda e dado o éxito do Torneo de Lasertag, celebrado en abril, convocamos unha unha Xornada de Lasertag, que terá lugar o domingo 16 de xuño nas instalacións de Coruña Láser Combat, empresa responsable do evento, centro de simulación táctica indoor.

16 de xuño
19,00 - 21,00 horas
Coruña Laser Combat
Torres Quevedo 8
15008 A Coruña

Mínimo número inscritos: 16
Máximo número de inscritos: 24

Os equipos de 8 persoas disputarán 4 roldas de 10 minutos.

Cota por participante: 12 euros para os universitarios e 14 euros para os non universitarios.

Sortearemos 10 polos da Asociación entre os participantes.

Inscribete premendo aqui
Séguenos no Facebook

Ningún comentario:

Publicar un comentario