13 de setembro de 2019

ESCAPE ROOM

Tras as actividades de agosto de airsoft e lasertag na Coruña e tras presentar aos novos estudantes a nosa asoaciación nas xornadas de benvida no Campus de Elviña e en Ferrol, propoñemos a primeira actividade deste curso:

XORNADA DE ESCAPE ROOM
No Campus de Ferrol.

Para todos os interesados.

Venres 20 de setembro de 2019
Dende 20,00 horas

Nas instalacións de TheOrigin Escape.
(https://www.theoriginescape.com/)

Cota: 10 euros.
Pode variar segundo o número dinal de inscritos, pero estimamos 10 euros como tope.

Se xa estás animado... pasa a inscribirte AQUI.

12 de setembro de 2019

XORNADA DE BENVIDA AOS ESTUDANTES


Hoxe tivemos a Xornada de Benvida a estudantes e por vez primeira estivemos presentes nos dous campus, tanto na Coruña no estadio (promocionando especialmente quidditch e airsoft) como en Ferrol (escape room, xogos tácticos, billar...).

Grazas a todos por vir e á Universidade por esta oportunidade.

Lembrade que o venres 20 temos unha xornada de escape room en Ferrol.

Queres vir?