AS 12 PROBAS DE HERCLE EN 2020

Baseadas nos doce traballos de Hércules, pero actualizadas ás actividades da nosa asociación.
Nos vindeiros cursos faremos unha proba por mes. Nestes meses restantes de 2020 algunhas mais para compensar o tempo de confinamento e de inactividade.

Dos antigos traballos de Hércules quedaremos coas probas de cazar animais (mais será a través de fototrampeo), andar con cabalos e tirar con arco.

Ao final de curso en xuño de 2021 entregaremos un pequeno trofeo á persoa que participara en mais actividades.

As probas en 2020

AGOSTO KAIAKS (ver abaixo)
SETEMBRO HIPICA (estamos a pensar no venres 4 en http://www.hipicaboullon.es/)
SETEMBRO PAINTBALL
OUTUBRO TIRO CON ARCO
OUTUBRO SURVIVAL
NOVEMBRO FUTBOLIN
NOVEMBRO BOLOS
DECEMBRO BILLAR
DECEMBRO LASERTAG
Engadiremos un concurso de fotografía e un de relatos deportivos.

KAIAKS

VENRES 28 DE AGOSTO
17,00 - 20,00 HORAS
Mellor se podedes estar ás 16,30

Fragas do Eume Kayak
15619 Monfero


Nesta ocasión o prezo é igoal para todos, sexan ou non da UDC: 25 euros por un kaiak de dúas prazas (12,5 por persoa).

Se hai tempo un dos directivos de Hercle comentará como se fan os videos de natureza da nosa canle de youtube coas cámaras de fototrampeo.

Lembrade levar máscara e os elementos de protección habituais que empreguedes pola COVID19.

Anótate premendo aqui

Se queres ser dos primeiros en estar informado destas actividades, anótate na nosa lista de correo nesta web: http://eepurl.com/c10Yhf