30 de agosto de 2020

RUTA A CABALO E PAINTBALL. AS PROBAS DE HERCLE PARA SETEMBRO

Superada a primeira proba de navegación en caiac no río Eume, o pasado venres, presentamos as dúas probas que teremos que superar neste mes de setembro.

Unha será xa nesta mesma semana e será a primeira colaboración cunha nova asociación xuvenil na que están algúns dos nosos socios, coa realización dunha ruta a cabalo e a outra a final de mes, a actividade que mais repetimos en Hercle; o Paintball.

RUTA CON CABALOS

VENRES 4 DE SETEMBRO
17,00 - 19,00 HORAS

Nesta actividade imos un pouco fora do noso ámbito xeográfico como universidade... achegaremonos aos dominios da USC, en Brión onde atópase a Hípica Boullón, colaboradores da devandita asociación xuvenil.

Lugar de Tembra, nº6 - Brión


Esta actividade desenvolverase en dúas partes, na primeira realizaremos en pista exterior a exposición do básico da equitación, unha sesión practico-recreativa con duración prevista  de 60 minutos. Nese acto, serán dadas as explicacións teóricas e respectivas demostracións, ademais da equitación por quendas, de todos os asistentes.

A ruta posterior dacabalo será polos montes próximos á hípica.  A previsión inicial é facer unha primeira ruta de marcha  só ao paso, para aqueles xinetes que desexen unha ruta máis lenta  e outra composta por membros que poidan e queiran trotar. Os criterios selectivos para a composición dos devanditos grupos, serán as aptitudes técnicas demostradas na primeira parte ademais da disposición individual dos xinetes. Será outra hora aproximadamente.

O prezo variará entre 22,5 e 20 euros (dependendo de se chegamos ao máximo número de participantes que será 15 persoas)

Anótate as actividades de setembro premendo

PAINTBALL

VENRES 18 DE SETEMBRO
17,00 - 19,00 HORAS

APZ PAINTBALL
A Zapateira - A Coruña

http://www.apzpaintball.com/

A actividade non necesita moita presentación. Neste 2020 a pesar de como foi xa estivemos unha vez e imos outra. E se queredes mais... só é pedilo. Partidas durante dúas horas aproximadamente con 200 bolas por cada xogador (se necesitas recarga xa vai aparte).

As cousas cambiaron dende a última vez, xa que agora hai un protocolo COVID. Temos cotas distintas segundo unha serie de cousas:

* Son da UDC. Pago 17 euros que incluen ser socio de Hercle, a partida e unha máscara hixienica de Hercle. Non son da UDC e quero o mesmo... 19 euros (tampouco e tanta a diferenza).

* Son da UDC. Pago 35 euros que incluen ser socio de Hercle, a partida, unha máscara hixienica de Hercle e unha máscara de paintball (Mira a imaxe. Por se non queres compartir neste tempo). Non son da UDC e quero o mesmo... 39 euros (tampouco e tanta a diferenza).

Anótate as actividades de setembro premendo






Lembrade que estamos a facer as Probas de Hercle, baseadas nos doce traballos de Hércules, pero actualizadas ás actividades da nosa asociación. Ao final de curso en xuño de 2021 entregaremos un pequeno trofeo á persoa que participara en mais actividades.

AGOSTO: KAIAKS 
SETEMBRO: HIPICA 
SETEMBRO: PAINTBALL
Previsión (depende do que opinedes)
OUTUBRO: TIRO CON ARCO
OUTUBRO: SURVIVAL
NOVEMBRO: FUTBOLIN
NOVEMBRO: BOLOS
DECEMBRO: BILLAR
DECEMBRO: LASERTAG
Engadiremos un concurso de fotografía e un de relatos deportivos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario