ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE

Nunhas semanas empezan os exames, pero temos pensadas algunhas actividades antes e despois.

XORNADA DE PAINTBALL
O domingo 6 de MAIO ás 18,00 no campo de APZ
Coa idea de estar por ali xa ás 17,30 para facer equipos e escoitar as obrigatorias explicacións.
Prezo: 16 euros.
Pero se fuches a algunha das actividades deste ano... 13 euros.

XORNADA DE ESCAPISMO
O domingo 13 de MAIO ás 18,00 en Rombo Code
Xogo Casanova.
Prezo: 12 euros.
Pero se fuches a algunha das actividades deste ano... 10 euros.

XORNADA DE AIRSOFT
O segundo fin de semana de XUÑO no campo de ACU (Laracha)
Prezo: Por determinar. Aproximadamente 12 euros.

XORNADA TACTICA
O terceiro fin de semana de XUÑO.
Coa idea de estar todo o día de actividade, tiro con arco, comida paintball e xogos tradicionais. Na Pastoriza (Lugo). Incluiría o autobús.
Prezo: 35 euros.
Pero se fuches a algunha das actividades deste ano... 25 euros.

Axúdanos a preparar estas actividades apuntándote canto antes.

ANOTATE